noite do venres, tomando unha birra con 3 colegas (homes) nun bar, poñense na barra outros 3 homes, coñecen a un dos meus colegas. Eu ‘causalmente’ colocada entre os dous grupos de machos.. falo cos recén chegados, de pronto, da nada, escoito q un deles lle dí a un dos meus colegas: -”esta buena, papatela”. A miña cabeza xira coma a da nena do exorcista, de feito me sinto poseida por ela, por ela e por todas a mulleres que durante séculos levamos aguantando agresións de este tipo e piores. –
– 1º) esto non é unha carnicería. (caras de qué?¿ non entendo nada?¿) eu non son un filete nin un zanco de polo para que fales de min neses termos.
-2º) estou exercendo o meu dereito a ocupar o espazo público pola noite. Sí, xa sei que anda o lobo solto e que miña nai me dixo que fóra directa a casa da miña avoiña, máis xa ves, decidín mudar o conto. (caras de ‘cada vez entendo menos’¡!?¿?).
3º) miracheste a cara? Vicheste ben? Non quixera estar na túa pel nunha subasta de carne. (síntoo! faltada do 15! máis veume a cabeza aquela peli de Truffaut no que unha maravillosa muller farta de aturar os ‘piropos’ na rúa colle a un tipo polo pescozo e o empotra contra un espello ao berro de ”bicheste ben!!! q te cres q me vou a ir contigo!!”).
4º) silencio absoluto. Rompeo un.. ”buah, a tu eres muy cañera!!”.
5º) por unha vez, son eles os que marchan do bar. Os meus colegas, que seguen sen entender nada aínda que intúen o q pasa. Eu entre satisfeita por non calar e jodida por ter que andar poñendo correctivos ata nos ratos de lecer.

























